NON SOMOS erros do sistema
SOMOS alfabetos do futuro
Somos cociñeiros de aprendizaxes
Somos punto de encontro
Somos sentimentos descalzos
Somos imposibles posibles
Somos soñadores infindos
Somos fíos de cores
Somos tecedores de vida
Somos equipaxes de emocións
Somos creadores de ilusións
Somos intres compartidos
Somos risos ceibes
Somos malabaristas de equilibrio
Somos feiticeiros do tempo
Somos dentadas de liberdade
Somos olladas de luz
Somos peles sensibles
Somos melodías educativas
Somos unha bandeira sen fronteiras
Somos mans mestizas
Somos poetas solidarios
Somos a sombra dos nosos pensamentos
Somos ríos de sabedoría
Somos arquitectos de destinos
Somos camiñantes incansables
Somos fiestras ao pasado
Somos fiestras a un mundo mellor.
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada