dilluns, 12 d’abril del 2010

MALDITOS OS QUE DESTROZAN O MUNDO

ESCARÑO CONTRA
OS DESTRAGADORES DO MUNDO.
Contaminadores do aire puro e da auga
humilde,
casta,
e cristalina.
Incendiarios da sagrada fraga
misteriosa, cantora e ancestral.
Asasinos de paxaros.
Verdugos
de todo canto ama, vive e canta.
Violadores e destrutores
da máxica paisaxe rumorosa.
ENEMIGOS DA VIDA E DA BELEZA.
Consentidores de tanto xenocidio:
cando rebenta o pus do voso odio
sementades de morte a creación.
Malditos para sempre endexamais
por tódalas xeracións que son
e serán:
¡vós sodes
a miseria e a vileza deste mundo!.

Manuel María

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada